Thursday 16 de May de 2024

A Segunda sesión do Programa “Contamos” leva ao Colexio Centieiras á Concelleira de Cultura e Ensino de Fene


A Concelleira de Cultura e Ensino de Fene, Amalia García, foi a protagonista esta semana do programa “Contamos” que promove a dirección, o claustro e a Anpa do Ceip Centieiras co obxectivo de “abrir o centro á comunidade educativa, estreitar lazos coas institucións e sociedades e propiciar que o colexio e o seu alumnado sexan tidos en conta na ampla comunidade educativa”. No seu encontro cos alumnos/as de Infantil e Primeira, a edil leu o conto “Sandra y su zoo” . Ao remate, recibiu dos pequenos/as un lenzo pintado por eles mesmos.

Aproveitando a súa visita ao colexio Centieiras, a concelleira de Cultura e Ensino de Fene mantivo un encontro co director, Antón Pena, e con membros do profesorado e da Anpa do centro que lle amosaron a Amalia García as obras realizadas polo Concello neste curso, amais de trasladarlle as actuacións que quedan pendentes.

Logo desta segunda sesión, o programa “Contamos” retomarase próximamente coa participación de representantes da Deputación Provincial, do Concello de Fene e de asociacións e entidades de diferentes ámbitos do municipio”.